Blogia
vgomez

CAMBIO DE HORA: HORARIO INVERNO 2019

Horario de inverno que entre en vigor esta madrugada / Imaxe: alertanacional.es

Na madrugada de hoxe, do 26 ao 27 de outubro, pasaremos do horario de verán ao de inverno. Teremos que atrasar os reloxos 1 hora, polo que as 3 da madrugada serán as 2. A primeira consecuencia real será que podemos durmir esta noite unha hora máis; pola contra a partir de mañá anoitecerá antes.

Cando remataremos cos cambios de hora?

O Parlamento Europeo debate a posibilidade de eliminar os cambios de hora a partir de 2021. Aínda non hai unha  decisón firme, pero é moi posible que nun futuro próximo non se volva a cambiar de hora na primavera e outono en Europa. Segundo os plazos da Eurocámara, os países deberán comunicar a Bruselas o próximo mes de abril o uso horario que queren ter.

Xa veremos!

0 comentarios