Blogia
vgomez

GALICIA ESTÁ EN ZONA DE RISCO SÍSMICO MODERADO

O ano pasado cumpríase o vixésimo aniversario do maior terremoto medido instrumentalmente da historia de Galicia. Rexistrou 5,3 graos na escala Richter (intensidade VI na escala  macrosísmica europea), tivo o seu epicentro en Triacastela (un deses concellos que xa se afixo a tremer) e apenas provocou danos materiais.

Ás 2:28 da madrugada do pasado martes, día 21, dos tivo lugar o segundo tremor coñecido en Taboada (Lugo). O sismo, de 3,5 graos na escala de Richter, tivo lugar a 12 quilómetros de profundidade.

Galicia sitúase nunha zona de risco sísmico moderado, que pode verse agravado pola calidade dos edificios na área de maior risco, por ser eminentemente rural e cun inventario inmobiliario envellecido.

 Son 282 parroquias lucenses e ourensás as que teñen unha maior perspectiva de risco para un terremoto. Están situadas en 33  concellos de Lugo e 24 de Ourense, pero é a provincia lucense a que acumula máis parroquias onde o perigo potencial é maior, un total de 204. En Pontevedra só hai tres parroquias de Arbo co mesmo nivel de risco e na Coruña, ningunha. En realidade, estas 285 parroquias apenas supoñen o 7,5 % das 3.772 que hai en Galicia.

FONTE: Pablo González/lavozdegalicia.es

0 comentarios