Blogia
vgomez

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO IX

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Bacallao.

 

 

O Bacallao é realmente un prototipo de furgón creado por  Pegaso en 1952 para transportar os coches de competición Z-102, pero finalmente non chegou a produción. O  mote xurdiu polas entradas de aire laterais a modo de  branquias.

Creouse sobre a base dun autocar modelo Z-401, utilizando un motor de gasolina que lle outorgaba 145 CV de potencia que pouco despois foi substituído por unha unidade diésel de 125 CV, aínda que outras fontes amplíana ata os 140 CV. Foi  carrozado en Zaragoza por Carde e Escoriaza.​ A unidade foi matriculada co código  B-145045, aínda que portou outras matrículas provisionais, entre elas, as  B-104527 e  B-104841; o cal pode ser a orixe da crenza da existencia de varias unidades.

Coñécese que estivo en uso ata o ano 1968, dando servizo en diferentes competicións e a diferentes equipos, todos españois.

Mañá, un novo coche! 

FONTE: motor.elpais.com e wikipedia

 

0 comentarios