COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO X
Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Bocanegra.

O Bocanegra é en realidade o Seat 1200 Sport, un cupé fabricado por Seat entre 1975 e 1980 cun dos motes máis brillantes da historia, motivado polo seu espectacular frontal de plástico negro. Ata tal punto tivo éxito o alcume que en 2008 a marca presentou o prototipo Seat Bocanegra, orixe do Seat Eivissa Bocanegra.
O deseño da carrocería estaba baseado nun proxecto do deseñador italiano Aldo Sessano, que SEAT comprou á marca alemá NSU. O seu desenvolvemento encargouse á empresa Inducar, de Terrassa. Tiña un motor de 1.197 cc e cunha potencia de 67 CV , o que lle utorgaba unha velocidade punta próxima ao 160 km/h.
Mañá, un novo coche!
FONTE: motor.elpais.com e wikipedia
0 comentarios