CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XV
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é Radiación electromagnética. É importante diferenciar entre radiación ionizante (raios alfa, beta, raios X, gamma e cósmicos) e todas as radiacións electromagnéticas, como as de radiofrecuencia, que son non ionizantes e por tanto, son radiolóxicamente inocuas.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Estás máis exposto á energía nuclear comendo un plátano que vivindo un ano xunto a unha central nuclear.
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios