O NOSO CEREBRO ILUSIONISTA
Maxia e neurociencia, que teñen que ver? A resposta está en como reacciona o noso cerebro diante do que non ten explicación. Efectos especiais, ilusións ópticas, espectaculares e asombrosos trucos … O segredo da maxia está no funcionamento da nosa mente. Como logran os magos facernos ver o imposible? Que interferencias producen nos nosos procesos cognitivos? Como explica a maxia o funcionamento do noso cerebro?
Nun sorprendente encontro, o ilusionista Jorge Blass e o neurocientífico Jordi Camí responden a estas preguntas a golpe de trucos de maxia e moita ilusión. Unha viaxe fascinante para indagar nos misterios da cognición humana, os procesos de atención, a memoria visual e a percepción.
Jordi Camí é doutor en Medicina, catedrático de Farmacoloxía na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, director xeral do Parque de Investigación Biomédica de Barcelona e vicepresidente da Fundación Pasqual Maragall para a investigación do Alzheimer. Apaixonado da maxia, é membro activo da Sociedade Española de Ilusionismo (SEI), desde a que promove estudos científicos sobre o funcionamento do cerebro didante da maxia. En 2020 publicou ‘O cerebro ilusionista: A neurociencia detrás da maxia’.
O ilusionista Jorge Blass foi alcumado como “O mago do século XXI”. Formouse na escola de maxia de Juan Tamariz e os seus espectáculos encheron estadios desde os anos 90. Neles mestura a maxia tradicional coas novas tecnoloxías, utilizando drons, hologramas, efectos especiais, e mesmo, redes sociais. O seu traballo chamou a atención do mismísimo David Copperfield, quen dixo del que “eleva a maxia a outro nivel”. Recibiu numerosos premios, entre os que destacan a ‘Varita de Ouro’ de Montecarlo ou o ‘Primeiro Premio Internacional de Maxia’ de Portugal. Tamén é membro fundador da ‘Fundación Abracadabra de Magos Solidarios’, director do ‘Festival Internacional de Maxia’ de Madrid e autor do libro ‘Maxia para non deixar de soñar’ (2003).
0 comentarios