CANTO SABES DE LITERATURA VIII
A resposta á pregunta do día anterior é "O RETRATO DE DORIAN GRAY". A frase pertence á obra do escritor irlandés Óscar Wilde (1854-1900) “O retrato de Dorian Gray”. A obra foi publicada o 20 de xuño de 1890 e causou gran controversia na sociedade da época. O libro foi levado á gran pantalla e tamén ao teatro en forma de musical.
E imos coa pregunta de hoxe...
8. Un famoso autor de orixe surafricana acuñou o termo "eucatástrofe". Quen?
- George Orwell
- Nadine Gordimer
- J. R. R. Tolkien
- Walter Scott
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante
0 comentarios