CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? II
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Cabra montesa. Esta cabra, tamén chamada hirco (Capra pyrenaica) é unha das especies de bóvidos do xénero Capra que existen no noso país. Trátase dun endemismo que actualmente non se atopa fóra das áreas montañosas da Península Ibérica, sendo unha especie con forte dimorfismo sexual, do mesmo xeito que moitos outros bóvidos. As femias miden uns 1,20 metros de longo e 60 cm de altura na cruz, pesando entre 30 e 45 quilos de peso. Teñen cornos bastante curtos e parécense bastante a unha cabra doméstica. Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo e ter unha altura de 77 centímetros na cruz, acadando un peso máximo de 110 quilos. Os cornos dos machos son notablemente grosos e poden chegar a ser o triplo de longos que os das femias. Están máis separados entre si cós cornos doutras especies do xénero Capra. Os machos adultos teñen tamén unha cara máis alongada e a típica barba de chivo escura baixo a mandíbula. Das outra dúas propostas, a cabra alpina é orixinaria dos Alpes e a cabra majonera é autóctona da illa de Fuerteventura, no arquipélago canario.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Esta ave é un/unha...
- Quebraosos
- Aguia imperial ibérica
- Pita do monte
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org
0 comentarios