Blogia
vgomez

A SONDA LUNAR CHINA CHANG´E 5 VOLVEU Á TERRA

A sonda lunar Chang'e 5, a súa chegada á Terra / CHINA DAILY/Reuters

China completou con éxito, onte xoves, a súa misión espacial máis complexa ata a data e deu un paso de xigante no desenvolvemento do seu programa espacial. A sonda Chang’e 5 aterrou de regreso e sen incidentes nas xeadas estepas de Mongolia Interior, transportando preto de dous quilos de rochas lunares tras unha misión de tres semanas. Esas mostras son as primeiras traídas á Terra en 44 anos e os expertos esperan que lancen luz sobre a historia da Lúa e o sistema solar. Atópanse entre as máis “novas” arrancadas ao noso satélite, cunha antigüidade que os expertos calculan entre os mil e dous mil millóns de anos.

As rochas, sometidas durante millóns de anos a impactos de meteoritos, vento solar e radiacións de raios cósmicos, quedarán custodiadas nun laboratorio construído especialmente para elas en Pequín, onde os expertos examinaranas para obter datos sobre a evolución da Lúa ao longo de millóns de anos.

Tamén poden axudar a resolver outro gran interrogante: por que a actividade  volcánica da Lúa prolongouse durante tanto tempo. Ata o de agora críase que esa actividade finalizara fai uns 3.500 millóns de anos, aínda que algunhas observacións máis recentes da superficie lunar fan pensar que quizá o núcleo do satélite mantívose activo ata fai só mil ou dous mil millóns de anos.

As misións estadounidenses Apolo colleitaron rochas de idade superior aos 3.000 millóns de anos.

A misión Chang’e 5 partiu o 24 de novembro e pousouse o 1 de decembro nas proximidades do Monte Rüker, unha área  volcánica a 1.300 metros de altitude e ata o de agora inexplorada no noroeste da inmensa chaira de lava coñecida como Oceanus Procellarum (“Océano das Tormentas”). Os expertos consideran que esa zona conta con 1.200 millóns de anos de antigüidade. Alí escavou a dous metros de profundidade cun brazo robótico para extraer as mostras, e deixou despregada por primeira vez unha bandeira chinesa na superficie lunar.

Co éxito desta misión, China converteuse no terceiro país do mundo, por detrás de Estados Unidos e a extinta Unión Soviética, en completar unha viaxe de ida e volta á Lúa para traer mostras da súa superficie. É un importante logro para un programa espacial ao que atribúe unha importancia estratéxica, especialmente á luz da súa rivalidade estratéxica con Estados Unidos e cando o seu Goberno aspira a converter a innovación no gran motor da súa economía nas próximas décadas.

O programa espacial chinés desenvolveuse de maneira exponencial no últimos vinte anos, motivado en parte polo veto da NASA para colaborar en programas conxuntos. Se en 2003 Pequín enviaba ao seu primeiro taikunauta ao espazo, este ano enviou unha sonda a Marte e ten previsto montar unha estación espacial para 2022.

As predecesoras desta misión, Chang’e 1 e 2, limitáronse a orbitar a lúa. Chang’e 3 conseguiu depositar sobre o chan do satélite un primeiro robot explorador, Yutu (“Lebre de Jade”), que deixou de funcionar aos poucos días. Chang’e 4 aterrou na cara oculta da Luna, algo que non se conseguiu ata entón, con outro robot, Yutu2, que permanece operativo ata o de agora.

FONTE: Macarena Vidal Liy/elpais.com/ciencia

0 comentarios