Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XAMAICA? XII

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristiana. A relixión maioritaria en Xamaica é o cristianismo, e dentro del o protestante, dividido nas súas diferentes igrexas: Church of God (25,7%), Adventistas do Sétimo Día (12%), Pentecostal (11%), Baptista (6,7%), Anglicana (2,8%), Igrexa Unida de Cristo (2%), Metodista (1,6%), Testemuñas de Je-hová (1,9%). A relixión Católica Romana é profesada polo 2,2% da poboación.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

12. Nesta listaxe de famosos, hai un que non é xamaicano. Cal é?

- Usain Bolt

- Bob Marley

- Asafa Powell

- Nairo Quintana

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org e Censo STATIN  Imaxes: icjamaica.org e es.wikipedia.org

0 comentarios