CANTO SABES DE SUÍZA? XII
Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.
A contestación correcta á pregunta de onte é Leman. Tamén coñecido como lago de Xenebra, é o maior lago da Europa Occidental. Atópase situado ao norte dos Alpes, entre Francia (a beira sur) e Suíza (a beira norte incluídos os extremos occidental e oriental). A súa forma é moi alongada e curvada cara ao sur; mide 72 km de lonxitude e 12 km de anchura. Ten unha superficie total de 582 km², da cal o 60 % (348 km²) pertence a Suíza e o 40 % (234 km²) restante a Francia. O río Ródano vértese nel no extremo oriental, e o lago desagua no Ródano no seu extremo occidental.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Os cidadáns suízos son materia de tres xurisdicións legais: a comuna, o cantón e a confederación. A que se asemellaría a comuna suiza ao que temos no noso país?
- Deputación
- Concello
- Provincia
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: enciclopedia.us.es e elmundo.es/viajes
0 comentarios