Blogia
vgomez

CANTO SABES DE POLONIA? X

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Śniardwy. É o lago máis grande de Polonia, cunha superficie de 113,8 quilómetros cadrados. Ten 22,1 km de longo e 13,4 km de ancho. A profundidade máxima alcanza os 23 metros. Hai oito illas no lago. Como curiosidade o lago máis profundo é o Hancza, 108 metros no punto máis profundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a relixión predominante en Polonia?

- Católica

- Ortodoxa

- Musulmá

- Testigos de Xehová

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org

0 comentarios