ENCRUCILLADO CLI
VERTICAIS: 1. Equinodermo da clase Holothuroidea 4. Movemento ou sinal que se fai coa man, coa cabeza, cos ollos ou con outra cousa para expresar algo sen palabras 5. Elemento químico sólido, de cor gris metálica e moi velenoso, de símbolo As 7. Planta herbácea perenne da familia das liliáceas, con follas lanceoladas, flores de cor rosa, xeralmente en outono, e froito en cápsula, ovoide, con numerosas sementes e de nome científico Colchicum autumnale 8. Municipio da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares, que ata finais da década de 1.970 chamábase Neira de Jusá ou Neira do Rei.
HORIZONTAIS: 2. Froito que madura tarde, que se sementa ou recolle fóra do tempo 3. País fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa, e que ten por capital Astana 6. Alimento que fai ruído ao mordelo e mastigalo 9. Moeda oficial de Etiopía 10. Capital da República de Honduras.
0 comentarios