Blogia
vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO XII

Esta é a bandeira de Laos (República Democrática Popular Lao / ສາທາລະນະລັດ ປະຊາທິປະໄຕ ປະຊາຊົນລາວ), un país situado no interior da península de Indochina, no Sueste Asiático. Conta cunha poboación que supera os 6,5 millóns de habitantes e a súa capital é Vientiane. O idioma oficial é o lao.

A bandeira está formada por tres bandas horizontais, a superior e inferior son de cor vermella vermellón, mentres que a do medio é azul. No centro atópase un disco branco. A cor vermella representa o sangue derramado pola independencia, o azul o río Mekong ou a santidade do país. O disco branco simboliza a lúa sobre o río Mekong ou tamén a unidade do país baixo o goberno comunista.

FONTE: gl.wikipedia.org

0 comentarios