CANTO SABES DE KENYA? VI
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é República. A política de Kenya ten lugar no marco dunha presidencia democrática representativa republicana, mediante o cal o Presidente é á vez xefe de Estado e xefe de goberno, e dun sistema multipartidista, de acordo con unha nova constitución aprobada en 2010. O poder executivo é exercido pola rama executiva do goberno, encabezada polo presidente, que preside o gabinete, que está composto por persoas elixidas de fóra do parlamento. O poder lexislativo reside exclusivamente no Parlamento. O poder xudicial é independente do executivo e da lexislatura.
William Kipchirchir Samoei Arap Ruto (Kamagut, 21 de decembro de 1966). Actual presidente de Kenya, desde o 13 de setembro de 2022
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Por Kenia pasaron moitos pobos, deixando a súa impronta: árabes, portugueses, alemáns e finalmente os británicos. Destes últimos independizáronse...
- 1952
- 1963
- 2011
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE e Imaxea: wa.wikipedia.org
0 comentarios