#DígochoEu: Non digas *todavía
Nada de *todavía en galego! Este adverbio é castelan e debemos usar outro no seu lugar. Sabes cal é? Esther Estévez Casado dínolo!
#DígochoEu
Nada de *todavía en galego! Este adverbio é castelan e debemos usar outro no seu lugar. Sabes cal é? Esther Estévez Casado dínolo!
#DígochoEu
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Moscova. É inconfundible. A Praza Vermella é a praza máis famosa de Moscova, capital da Federación Rusa. Conta con 330 metros de lonxitude e 70 metros de ancho e unha superficie de 23.100 m2. A praza separa o Kremlin, a antiga cidadela real e actuala residencia oficial do Presidente de Rusia, dun histórico barrio de mercadores coñecido como Kitai-gorod. A Praza Vermella é a miúdo considerada a praza central de Moscova e de toda Rusia, xa que as principais rúas de Moscova, que conectan coas principais estradas do país, parten dela.
E imos co monumento de hoxe!

9. Que coñecido castelo é o da foto?
- Castelo de Bran (Romanía)
- Castelo de Chillon (Suíza)
- Castelo de Canterbury (Reino Unido)
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Templo de Ouro (India). Templo de Ouro ou Templo Dourado, tamén coñecido como Harmandir Sahib, é un templo sij localizado en Amritsar, preto da fronteira paquistaní (no estado de Punxab). O levantamento do templo levouse a cabo entre o 1588 e o 1604, sendo o Gurú Arjan Dev quen iniciou e concluíu a súa construción. Os seguidores desta relixión monoteísta visítano polo menos unha vez na súa vida (xa sexa por casamentos, nacementos ou aniversarios). O templo está cuberto con paredes de mármore recubertas con placas de ouro. É o baluarte espiritual do sijismo.
E imos co monumento de hoxe!

8. Esta bonita praza é a máis famosa de..
- Bucarest
- Moscova
- Kiev
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
Sabes distinguir ’arrouto’ e ’arroto’? Son dúas palabras correctas en galego pero non che son o mesmo! Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu
Esther Estévez Casado fálanos hoxe dunha palabra que en época electoral está de actualidade: os debates.
#DígochoEu
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Machu Picchu, (Perú). Conforma un antigo poboado andino construído antes do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu, na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2.430 msnm, altitude da súa praza principal. Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á Llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso. Sexa como for, as súas peculiares características arquitectónicas e paisaxísticas convertérono nun dos destinos turísticos máis populares do mundo.
E imos co monumento de hoxe!

7. Leste outro monumento quedou finalista da selección das 7 novas marabillas do mundo moderno. Recoñécelo?
- Catedral de Aquisgrán (Alemaña)
- Dhammakaya Cetiya (Tailandia)
- Templo de Ouro (India)
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Thomas Jefferson, George Washington, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln. O Monte Rushmore (Mount Rushmore National Memorial), situado en Keystone, Dacota do Sur, conmemora o nacemento, o crecemento, a conservación e o desenvolvemento dos Estados Unidos de América. Entre 1927 e o 31 de outubro de 1941, Gutzon Borglum e 400 traballadores tallaron os bustos colosais de 18 metros dos presidentes citados anteriormente, que representan os primeiros 150 anos da historia dos Estados Unidos
E imos co monumento de hoxe!

6. Dende o 7 de xullo de 2007, iste monumento forma parte de "O novas sete marabillas do mundo moderno". De cal estamos a falar?
- Angkor Wat (Camboxa)
- Machu Picchu (Perú)
- Mahabalipuram (India)
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
Aínda que se pronuncian igual, ’oh’ e ’ho’ non che son o mesmo! Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu