#DígochoEu: Non escribas *estánse
Non escribas *estánse. Os acentos son moi importantes! E hai que aprender a colocalos ben. Esther Estévez Casado axúdanos a facelo ben!
Non escribas *estánse. Os acentos son moi importantes! E hai que aprender a colocalos ben. Esther Estévez Casado axúdanos a facelo ben!
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Catar. Aspírea Tower atópase en Doha, Catar. É a torre número 106 máis alta do mundo, cunha altura de 300 metros. Foi construída para os 15º Xogos Asiáticos de 2006 (xa que ía ser o lugar onde se colocase a chama olímpica) e é actualmente a estrutura máis alta en Doha. O exterior do edificio está cuberto cunha rede de aceiro. O seu custo foi de máis de 133 millóns de euros. Deseñado polo arquitecto Hadi Simaan, AREP e o enxeñeiro Ove Arup, inclúe un hotel de cinco estrelas, salón de conferencias, centro comercial, un restaurante, un ximnasio, salóns e un museo deportivo.
E imos co monumento de hoxe!

13. É a igrexa bizantina máis importante do mundo, e atópase en…
- Kiev (Ucraína)
- Ravena (Italia)
- Istambul (Turquía)
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org Imaxe: elle.com
En galego non temos *hipo! Esther Estévez Casado cóntanos hoxe que formas tes para dicilo ben en galego!
#DígochoEu
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Catar. Aspírea Tower atópase en Doha, Catar. É a torre número 106 máis alta do mundo, cunha altura de 300 metros. Foi construída para os 15º Xogos Asiáticos de 2006 (xa que ía ser o lugar onde se colocase a chama olímpica) e é actualmente a estrutura máis alta en Doha. O exterior do edificio está cuberto cunha rede de aceiro. O seu custo foi de máis de 133 millóns de euros. Deseñado polo arquitecto Hadi Simaan, AREP e o enxeñeiro Ove Arup, inclúe un hotel de cinco estrelas, salón de conferencias, centro comercial, un restaurante, un ximnasio, salóns e un museo deportivo.
E imos co monumento de hoxe!

12. Podemos visitar Chichén Itzá se viaxamos a...
- Chile
- Perú
- México
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: O Cristo Rei (Polonia). A Estatua de Cristo Rei de Świebodzin (Polonia) é a máis alta do mundo, cunha altura total de 36 metros; séguenlle moi de preto o Cristo da Concordia de Cochabamba (Bolivia) que ten 34,20 m de altura (e un pedestal de 6,24 metros) e o Cristo Redentor do Corcovado en Río de Xaneiro (Brasil) con 30 metros e foi instalada sobre un outeiro duns 16 metros de altura.
E imos co monumento de hoxe!

11. Onde se atopa a Aspírea Tower?
- Dubai
- Catar
- Bahrein
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
Dependendo do significado exacto ao que nos refiramos podemos cambiar *finca por varias opcións que temos no galego. Ollo que tampouco vale *afincado! Esther Estévez Casado acláranolo!
#DígochoEu
Dentro duns días celebraranse as eleccións en Galicia. As papeletas métense en ’urnas’ ou en ’furnas’? As dúas palabras existen pero non significan o mesmo! Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Castelo de Bran (Romanía). Localizado nun outeiro da aldea de Bran moi preto da vila de Braşov, na raia entre as rexións de Transilvania e Valaquia. É sen dúbida un dos castelos máis famosos e tamén máis visitados do mundo. O motivo ten que ver cunha asociación misteriosa, escura e sobrenatural. O autor Bram Stoker inspirouse neste castelo para situar o fogar do escuro Conde Vlad Tepes, o “Conde Drácula”.
E imos co monumento de hoxe!

10. A estatua de Xesucristo máis alta do mundo é...
- O Cristo do Corcovado (Brasil)
- O Cristo da Concordia (Bolivia)
- O Cristo Rei (Polonia)
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org