Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XVII

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Lincoln Memorial de Washington (Estados Unidos). Iste monumento está situado nun dos extremos horizontais do National Mall de Washington D.  C., e foi creado para honrar a memoria do presidente Abraham Lincoln. Inagurado en 1922, o edificio adopta a forma clásica dos templos dóricos gregos, afastándose do típico estilo triunfalista romano que predomina en Washington. Ten 36 columnas, cun tamaño de 10 metros de altura e rodean completamente unha cella ou naos que se eleva por encima do pórtico.

E imos co monumento de hoxe!

17. Podes identificar iste moumento?

- Arco de Constantino de roma (Italia)

- Porta de Alcalá de Madrid (España)

- Arco do Triunfo de París (Francia)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Sabes distinguir ''como' e 'coma'?

 

Na maioría dos casos podemos usar as conxuncións ’como’ ou ’coma’ indistintamente, pero hai algunha excepción. Esther Estévez Casado acláranos as dúbidas.

#DígochoEu

#DígochoEu: É correcto ter 'ciúmes'?

 

É correcto ter ’ciúmes’ en galego? Esther Estévez Casado explicánolo.

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XVI

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Ópera de Sydney (Australia). É o pazo da ópera da cidade australiana de Sydney, deseñada por Jørn Utzon en 1957, está situada no cabo Bennelong, na beira sur da Baía de Jackson, co Real Xardín Botánico ao sur e preto da famosa Ponte do Porto, o que fixo do edificio e arredores un símbolo e presentación de Australia.

E imos co monumento de hoxe!

16. Podes identificar iste monumento? Fíxate ben!

-Partenón de Atenas (Grecia)

-Panteón de Roma (Italia)

-Lincoln Memorial de Washington (Estados Unidos)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XV

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Sena. A Torre Eiffel mide hoxe 324 metros de alto, incluída a antena de televisión no seu cumio. Foi deseñada por Gustave Eiffel para a Exposición Universal que se celebrou na cidade no ano 1889, celebrando o centenario da Revolución Francesa. Está, como dixemos, no extremo do Campo de Marte á beira do Sena, río que ten unha lonxitude de 780 km, con nacemento en Côte-d’Or e desembocadura no Canal da Mancha (Océano Atlántico).

E imos co monumento de hoxe!

15. É un dos edificios máis famosos e distintivos do siglo XX. Recoñécelo?

- Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia (España)

- Ópera de Sydney (Australia)

- Museo Gugenheim de Bilbao (España)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org Imaxe: viator.com

#DígochoEu: Non digas *trasteiro

 

Como se chama o cuarto onde gardamos as cousas vellas? *Trasteiro non é! Esther Estévez Casado danos a solución.

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS? XIV

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Istambul (Turquía). É a igrexa bizantina máis importante do mundo, e foi comezada a erixir no ano 532, durante o reinado do emperador Xustiniano I. Ao estar nun alto de Istambul, é o enclave máis coñecido da cidade, cos seus catro minaretes e a súa cúpula de 30 metros de diámetro. Foi mesquita e agora é museo, pero o seu interior, cheo de mosaicos, amplo e diáfano, é sobrecolledor.

E imos co monumento de hoxe!

14. Este monumento francés, é supercoñecido: a Torre Eiffel, polo tanto esa non é a pregunta!. Está situada en París,  no extremo do Campo de Marte á beira do río…

- Loira

- Sena

- Ródano

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org Imaxe: pariscityvision.com

#DígochoEu: Aprende a preguntar en galego

 

E logo, como se pregunta correctamente en galego? Esther Estévez Casado explícanolo ben resumidiño hoxe.

#DígochoEu