#DígochoEu: Non digas *nido
Pero aínda non sabes que o lugar onde crecen os paxariños non se chama *nido en galego? Esther Estévez Casado resólvenos esta dúbida
Pero aínda non sabes que o lugar onde crecen os paxariños non se chama *nido en galego? Esther Estévez Casado resólvenos esta dúbida
Escríbese ’ao’ pero o galego non sempre se le tal cal se escribe! Esther Estévez Casado acláranolo.
Remato hoxe coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución á última pregunta: Golden Gate. Esta ponte colgante, chamada tamén Porta Dourada, é a ponte máis famosa de San Francisco a pesar de non ser o maior nesta cidade, xa que o Bay Bridge, outra das solucións propostas, é a vía principal.

A súa construción comezou o 5 de xaneiro de 1933 e foi inagurado o 28 de maio de 1937, sendo o enxeñeiro xefe do proxecto Joseph Strauss. Ten unha lonxitude de 1970 m (estrutura colgante) e 2737 m (total). A súa altura é de 227 m e a súa anchura 27 m.
Quedan moitos máis monumentos por ver, pero será noutra serie e noutro momento.
Ata a próxima serie!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
En galego temos a palabra ’cerca’, pero non *cercanía. Como será? Esther Estévez Casado resólvenos esta dúbida.
Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Santuario Fushimi Inari-Taisha. É o principal santuario sintoísta adicado ao espírito de Inari, e situado en Fushimi-ku, un dos distritos de Kioto (Xapón). Ubicado na base dunha montaña tamén coñecida como "Inari", que inclúe varios carreiros para chegar a outros santuarios máis pequenos. Desde as épocas máis antigas de Xapón, Inari era vista como patroa dos negocios (en tanto que cada Torii existente no santuario foi doado por algún home de negocios xaponés) aínda qu e Inari en primeiro lugar fose deusa do arroz. Os comerciantes e artesáns ofrecían culto a Inari a cambio de obter riqueza nos seus negocios, polo que doaban numerosos torii que actualmente forman parte da vista panorámica do templo. Deste famoso templo dise que posúe máis de 32.000 pequenos torii, formando un pasadizo teitado de preto de 4 km que amosaba a imaxe da pregunta do día anterior.
E imos co monumento de hoxe e último desta serie!

20. Esta imaxe, vista en multitude de películas americanas, amosa unha famosa ponte situada en California, Estados Unidos, que une a península de San Francisco polo norte co sur do condado de Marin. Como se hama?
- Bay Bridge
- Golden Gate
- Richmond–San Rafael Bridge
Mañá a solución!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org
’Para’ ou ’pra’? Esther Estévez Casado resólvenos esta dúbida. Pero ollo porque hai unha explicación para a escrita

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Arco do Triunfo de París (Francia). É un dos arcos do triunfo máis famosos do mundo. Atópase na praza Charles de Gaulle, no extremo oeste da avenida dos Campos Elisios. Napoleón Bonaparte decidiu construír este arco trala súa vitoria na batalla de Austerlitz (1805), tras prometer aos seus homes: «Volveredes a casa baixo arcos triunfais». Foi deseñado por Jean Chalgrin, inspirado na arquitectura romana, e acada unha altura de 49 metros e 45 de ancho.
E imos co monumento de hoxe!
18. Pregunta polo nome diste monumento, penso que sería absurdo, pois tod@s a coñecedes: A gran muralla chinesa. Pero unha gran pregunta sobre ela é a súa lonxitude, contando as súas ramificacións e construcións secundarias, desde a fronteira con Corea, ao bordo do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. Douche tres posibilidades:
- 11.196 km
- 21.196 km
- 41.196 km
Mañá a solución e un novo monumento!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org