Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Mellor non digas inmiscuírse

 

Non é que estea mal ’inmiscuírse, pero Esther Estévez Casado explícanos que outras formas podes usar en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? IV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Rusia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e Italia (Tripla Alianza). A pesar de formar parte da Tripla Alianza, Italia decidiu non apoiar aos seus aliados xa que consideraba que a natureza do pacto era defensiva. Posteriormente entrarían na guerra no bando oposto.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A batalla de Verdún foi tamén una das máis longas do conflito. Cantos días durou?

- 214 días

- 242 días

- 303 días

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Non digas 'i' cando tes que dicir 'e'

 

Este erro é moi común! Esther Estévez Casado explicamos que a conxunción ’e’ lese ’e’ sempre.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? III

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Francisco Fernando. O 28 de xuño de 1914 o nacionalista serbobosnio Gavrilo Princip (de 17 anos e pertencente á organización Xove Bosnia, que recibía o apoio da Man Negra serbia) disparou mortalmente ao archiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa do Imperio  austrohúngaro, e á súa esposa, a condesa Sofía Chotek, en Saraxevo. O atentado foi o pretexto usado por Austria-Hungría para comezar as hostilidades da Gran Guerra.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Quen formaban as dúas grandes alianzas previas á Primeira Guerra Mundial?

- Italia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e Bulgaria (Tripla Alianza)

- Rusia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e o Imperio Otomán (Tripla Alianza)

- Rusia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e Italia (Tripla Alianza)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es 

#DígochoEu: Non digas 'non teño medo *algún'

 

Non teño medo *algún’. Ves o erro? En galego non facemos as negacións así! Esther Estévez Casado dinos a forma correcta de facelo.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *cupo

 

Hai diversas formas polas que podemos substituír *cupo en galego. Coñécelas? Esther Estévez Casado dínolas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? II

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é o 28 de xullo de 1914, coa declaración de guerra de  Austría-Hungría a Serbia. Austría-Hungría foi a primeira nación en declarar a guerra, e a partir de aí o armazón de pactos e alianzas lanzou unha reacción en cadea que terminou cunha Europa dividida.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. O asasinato de que dirixente foi un dos desencadenamentos da Primeira Guerra Mundial?

- Guillermo II

- Francisco Fernando

- Francisco José

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es  Imaxe: dw.com/es

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL?

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL?

Con espanto crecente foi dándose conta o home na Primeira Guerra Mundial e, certamente, aos dous lados da trincheira, que se achaba entregado a potencias inabordables que, aínda que parecían gardar relación coa vontade dos homes, desatábanse de continuo, burlábanse de todos os propósitos humanos e traían consigo a destrución de todos. Así se atopou o home fronte ao feito máis terrible: era como o pai duns demos que non podía suxeitar”.

Martin  Buber

Hoxe comezo unha nova serie adicada, neste caso, á Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, que se aliñaron en dous bandos enfrontados: por unha banda, os Aliados do Triplo Acordo, e por outro, as Potencias Centrais da Tripla Alianza. Morreron máis de nove millóns de combatentes.

Imos poner a proba os teus coñecementos sobre a mesma, recordando, no mellor dos casos, ou investigando sobre esta lamentable contenda.

Comezamos!

1. En que data e como arrincou o conflito?

- O 1 de agosto de 1914, coa declaración de guerra de Alemaña a Rusia

- O 28 de xullo de 1914, coa declaración de guerra de Austría-Hungría a Serbia

- O 4 de agosto de 1914, coa declaración de guerra do Imperio Británico a Alemaña

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es   Imaxe collage: wikipedia.org