Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? III

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Francisco Fernando. O 28 de xuño de 1914 o nacionalista serbobosnio Gavrilo Princip (de 17 anos e pertencente á organización Xove Bosnia, que recibía o apoio da Man Negra serbia) disparou mortalmente ao archiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa do Imperio  austrohúngaro, e á súa esposa, a condesa Sofía Chotek, en Saraxevo. O atentado foi o pretexto usado por Austria-Hungría para comezar as hostilidades da Gran Guerra.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Quen formaban as dúas grandes alianzas previas á Primeira Guerra Mundial?

- Italia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e Bulgaria (Tripla Alianza)

- Rusia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e o Imperio Otomán (Tripla Alianza)

- Rusia, Francia e o Imperio Británico (Tripla Entente) / Alemaña, Austria-Hungría e Italia (Tripla Alianza)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es 

0 comentarios