Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XXVI (FIN)

Remato con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é 100.000. Ás veces as aparencias enganan. Coa area do deserto ocorre como coa area de praia: que non é todo area. Na primeira podemos atopar que unha gran porcentaxe pertence aos diminutos pedazos dos  caparazóns e cunchas de miles de organismos mariños. Do mesmo xeito nun metro cadrado de area do deserto pode chegar a haber 100.000 sementes de plantas de diferentes especies esperando a que se dean as condicións idóneas para brotar.

Quedan centos de preguntas sobre botánica. Isto só foi un apaeritivo, polo que noutro momento continuará. Ata daquela!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es          Imaxe: viajes.nationalgeographic.com.es

0 comentarios