Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CROACIA? XV (FIN)

Remato coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3-Anastasija Sevastova. (Liepaja, Letonia, 13 de abril de 1990) é unha tenista profesional letona. Chegou ao posto número 11 da clasificación WTA en 2018.

 

O resto son croatas. A saber...

1- Nikola Tesla: Nado en Smiljan Imperio Austrohúngaro (hoxe en día Croacia) o 10 de xullo de 1856 e finado en Nova York o 17 de xaneiro de 1943, foi un físico, matemático, inventor, enxeñeiro eléctrico e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial. Coñécese, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX.

2- Luka Modric: Nado en Zadar o 9 de setembro de 1985, é un futbolista croata. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Milan. Ademais, é internacional na selección de Croacia.

4- Ivana Lončarek Nada en Split o 8 de abril de 1991, é unha deportista de Croacia que compite en atletismo. Gañou unha medalla de prata no Campionato Europeo de Atletismo por Equipos de 2019, na proba de 100 m obstáculos.

E así remato esta serie, esperando que servise para que coñezades mellor este país.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes:  es.wikipedia.org e sesvete-danas.hr  

0 comentarios