CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? VI
Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.
A contestación correcta á pregunta de hoxe é 42.000 km2. 41.540 Km², aos que hai que engadir 500 Km² das illas caribeñas de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Para que nos fagamos unha idea, Países Baixos ten unha superficie aproximada de 42.000 km2. España ten unha superficie de 505.600 km2. É dicir, España ten case 12 veces máis grande.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é, aproximadamente, a poboación dos Países Baixos?
- 15 millóns de habitantes
- 16 millóns de habitantes
- 17 millóns de habitantes
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: exteriores.gob.es e datosmacro.expansion.com Imaxes: es.wikipedia.org e elconfidencial.com
0 comentarios