ADIVIÑA O CIENTÍFICO X
Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.
A contestación correcta á pregunta de onte é Werner Karl Heisenberg. Nado en Wurzburgo, Reino de Baviera, Imperio alemán, o 5 de decembro de 1.901 e falecido en Múnich, Baviera, Alemaña, o 1 de febreiro de 1.976. Foi un físico teórico alemán e un dos pioneiros clave da mecánica cuántica. É coñecido por formular o principio de incertidumbre, que publicou en 1.927. Este principio afirma que é imposible medir simultáneamente de forma precisa a posición e o momento lineal dunha partícula. Acadou o Premio Nobel de Física de 1932 "pola creación da mecánica cuántica".
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Protocolo ao extremo. Este científico morreu po rnon querer levantarse da mesa para ir a o baño.
- Paul Erdos
- Tycho Brahe
- Robert Hooke
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxes: es.wikipedia.org e muyinteresante.es
0 comentarios