Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? IX

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é O O Mark I británico. O carro de combate naceu na batalla do Somme, en setembro de 1916, da que falamos hai uns días. Pesaba 30 toneladas, avanzaba a 3.2 km/ h e transportaba 8 homes.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. En que data, o presidente Woodrow Wilson asinou a súa declaración oficial na que Estados Unidos entraba na Primeira Guerra Mundial.

- 31 de xaneiro de 1917

- 2 de abril de 1917

- 6 de abril de 1917

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: bbc.com/Henry Guttmann/Stringer

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? VIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Francia (gases irritantes). A guerra química debutou en agosto de 1914, cun ataque con axentes  irritantes por parte de Francia sobre os seus adversarios alemán, utilizando granadas de man recheas de gas lacrimóxeno (bromuro de xililo). Curiosamente, Alemaña respondeu coa mesma moeda en outubro do mesmo ano, disparando  obuses de fragmentación cheos de axentes químicos  irritantes contra as posicións francesas en  Neuve  Chapelle, aínda que a concentración lograda era tan pequena que apenas se percibiu.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Como se chamaba o primeiro tanque en entrar en combate?

- O Mark I británico

- O A7V alemán

- O  FT17 francés

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *xoven

 

En Xove non hai xente *xoven!  Nin *xoven, nin *xóvenes, nin *xovens, nin nada que se lle pareza! Esther Estévez Casado acláranolo. 

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *esquela nin *esquelete

 

Por moi simpática que resulte a palabra *esquelete con eses 4 ’e’, non deixa de ser incorrecta. O mesmo pasa con *esquela, que tampouco existe en galego. Esther Estévez Casado danos as alternativas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Batalla de Somme. A ofensiva ou batalla do Somme (rexión da Alta Francia, con capital en Amiens) foi unha das maiores operacións desta guerra. Organizouse coma a batalla que rompería as liñas xermanas. O resultado non foi claramente favorable para ningún dos dous bandos. Os aliados non puideron avanzar máis de 8 quilómetros pero os alemáns sufriron moitas baixas. Hoxe estímase en 623.000 baixas aliadas e en 465.000 a 600.000 as alemás.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que exército usou por primeira vez armas químicas?

- Alemaña (cloro)

- Italia (gas mostaza)

- Francia (gases irritantes)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *quirúrxico

 

Nada de *quirúrxico en galego! O que ten que ver coa cirurxía non empeza por quir- Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? VI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Un feito espontáneo que detivo durante unhas horas a guerra na fronte occidental. Os soldados de ambas as frontes xuntáronse  amistosamente en terreo neutral. Iste breve cesamento do fogo non oficial ocorreu entre as tropas do Imperio alemán e o Imperio británico estacionadas na fronte occidental durante o Nadal de 1914. A tregua comezou na véspera do Nadal, o 24 de decembro, cando as tropas alemás comezaron a decorar as súas trincheiras, logo continuaron coa súa celebración cantando panxoliñas, especificamente Stille Nacht (Noite de Paz). As tropas británicas nas trincheiras alén responderon entón cos mesmos panxoliñas en inglés. Ambos os lados continuaron o intercambio gritando saúdos de Nadal os uns aos outros. Pronto xa había chamadas a visitas na terra de ninguén, onde pequenos agasallos foron intercambiados: whisky, cigarros, chocolate, etc. A artillería nesa rexión permaneceu silenciosa e ao carón esa noite. A tregua tamén permitiu que os caídos recentes fosen recuperados desde detrás das liñas e enterrados. Conducíronse cerimonias de enterro con soldados de ambos os lados do conflito chorando as perdas xuntas e ofrecéndose o seu mutuo respecto. A tregua propagouse cara a outras áreas, e hai moitas historias de partidos de fútbol entre as forzas dun e outro bando. En moitos sectores a tregua só durou esa noite, pero nalgunhas áreas durou ata o día de ano novo, e mesmo ata o mes de febreiro. A tregua ocorreu a pesar da oposición dos niveis superiores dos exércitos. Anteriormente un pedido feito polo papa Benedicto XV dunha tregua entre as partes en guerra fora desatendido.

 E imos coa pregunta de hoxe!

6. Entre o 1 de xullo e o 18 de novembro de 1916 (4 meses e 17 días), tivo lugar a batalla máis sanguentas da Primeira Guerra mundial, xa que houbo máis dun millón de baixas. Cal foi esta batalla?

- Batalla das Ardenas

- Batalla de Somme

- Batalla de Loos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e Wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? V

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é 303 días. A batalla producida en 1916 na fronte occidental, constituíu unha das meirandes batallas da guerra e da historia. Durou dende o 21 de febreiro de 1916 ata o 18 de decembro do mesmo ano. Os 10 meses de combate deixaron máis de 700.000 baixas entre ambos os bandos, case a metade mortais. Produciuse nun terreo montañoso ao norte da cidade de Verdún-sur-Meuse, no nordeste de Francia. Dende o punto de vista francés, foi unha vitoria decisiva que freou as aspiracións alemás de romper a fronte e avanzar cara París. Dende o punto de vista alemán incumpríronse os dous obxectivos perseguidos: non se puido tomar a cidade gala e as baixas xermanas foron similares ás francesas.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que foi a Tregua de Nadal?

-Unha tregua de 24 horas proposta polo Papa para o día de Nadal de 1914.

-Un feito espontáneo que detivo durante unhas horas a guerra na fronte occidental. Os soldados de ambas as frontes xuntáronse amistosamente en terreo neutral.

-Unha tregua pactada polos alemáns e os franceses para que os seus soldados puidesen pasar o nadal coas súas familias.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e Wikipedia.org