Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? VI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Un feito espontáneo que detivo durante unhas horas a guerra na fronte occidental. Os soldados de ambas as frontes xuntáronse  amistosamente en terreo neutral. Iste breve cesamento do fogo non oficial ocorreu entre as tropas do Imperio alemán e o Imperio británico estacionadas na fronte occidental durante o Nadal de 1914. A tregua comezou na véspera do Nadal, o 24 de decembro, cando as tropas alemás comezaron a decorar as súas trincheiras, logo continuaron coa súa celebración cantando panxoliñas, especificamente Stille Nacht (Noite de Paz). As tropas británicas nas trincheiras alén responderon entón cos mesmos panxoliñas en inglés. Ambos os lados continuaron o intercambio gritando saúdos de Nadal os uns aos outros. Pronto xa había chamadas a visitas na terra de ninguén, onde pequenos agasallos foron intercambiados: whisky, cigarros, chocolate, etc. A artillería nesa rexión permaneceu silenciosa e ao carón esa noite. A tregua tamén permitiu que os caídos recentes fosen recuperados desde detrás das liñas e enterrados. Conducíronse cerimonias de enterro con soldados de ambos os lados do conflito chorando as perdas xuntas e ofrecéndose o seu mutuo respecto. A tregua propagouse cara a outras áreas, e hai moitas historias de partidos de fútbol entre as forzas dun e outro bando. En moitos sectores a tregua só durou esa noite, pero nalgunhas áreas durou ata o día de ano novo, e mesmo ata o mes de febreiro. A tregua ocorreu a pesar da oposición dos niveis superiores dos exércitos. Anteriormente un pedido feito polo papa Benedicto XV dunha tregua entre as partes en guerra fora desatendido.

 E imos coa pregunta de hoxe!

6. Entre o 1 de xullo e o 18 de novembro de 1916 (4 meses e 17 días), tivo lugar a batalla máis sanguentas da Primeira Guerra mundial, xa que houbo máis dun millón de baixas. Cal foi esta batalla?

- Batalla das Ardenas

- Batalla de Somme

- Batalla de Loos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e Wikipedia.org

0 comentarios