Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *veraniego

 

Hoxe Esther Estévez Casado tráenos varias palabriñas relacionadas co verán. Unha delas é *veraniego, que é incorreca en galego.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERA MUNDIAL? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Eduardo Dato. O Presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato e Iradier (A Coruña, 1856-Madrid, 1921) pertencia ao Partido Conservador. España na Primeira Guerra Mundial mantívose neutral durante todo o conflito, pero este tivo importantes consecuencias económicas, sociais e políticas para o país, ata tal punto que se adoitan situar nos anos da guerra o inicio da crise do sistema da Restauración, que en 1923 tentaríase resolver mediante un golpe de estado que deu paso á instauración da ditadura de Primo de Rivera.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. O zar ruso, Nicolás II, declarou a guerra a Alemaña o 1 de agosto de 1914.​ Esa mesma tarde, o embaixador alemán acudira ao Ministerio de Asuntos Exteriores para recibir a resposta rusa ao ultimato do día anterior, que foi negativa e determinou a declaración de guerra de Alemaña. Cal era, naquel momento, a capital rusa, e na que sucedéronse durante unha semana manifestacións  patrióticas e ataques aos cidadáns e propiedades alemán?

- Moscova

- San Petersburgo

- Petrogrado

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: reasilvia.com

#DígochoEu: Palabras nivel pro na cociña (capítulo 3)

 

Esther Estévez Casado segue na cociña! Neste terceiro e último capítulo fálanos dos utensiíos para comer.

#DígochoEu

#DígochoEu: Palabras nivel pro na cociña (capítulo 2)

 

Esther Estévez Casado segue na cociña! Neste segundo capítulo fálanos dos utensiíos de fregar!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é 23 de agosto de 1914. O 7 de agosto de 1914, só tres días despois de que Gran Bretaña declarase a guerra ao Imperio Alemán, o goberno xaponés recibiu unha solicitude oficial do goberno británico de axuda para destruír aos asaltantes alemáns da Kaiserliche Marine en augas chinesas e os seus arredores. Xapón, desexoso de reducir a presenza das potencias coloniais europeas no sueste asiático, especialmente nas costas de China, enviou a Alemaña un ultimato o 14 de agosto de 1914, que quedou sen resposta. Xapón entón declarou formalmente a guerra ao Imperio Alemán o 23 de agosto de 1914, entrando así na Primeira Guerra Mundial como aliado de Gran Bretaña, Francia e o Imperio Ruso para apoderarse das illas Caroline, Marshall e Mariana no Pacífico, de propiedade alemá. A única batalla importante que tivo lugar entre Xapón e Alemaña foi o asedio do porto chinés de Tsingtao controlado polos alemáns na baía Kiautschou.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. España na Primeira Guerra Mundial mantívose neutral durante todo o conflito. O 7 de agosto de 1914, a Gaceta de Madrid publicaba un real decreto polo que o goberno críase no “deber de ordenar a máis estrita neutralidade aos súbditos españois conforme as leis vixentes e aos principios do dereito público internacional". Quen era Presidente do Consello de Ministros daquela?

- Álvaro de Figueroa

- Eduardo Dato

- Manuel García Prieto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *ralentizar

 

O crecemento económico non se *ralentiza en galego porque *ralentizar é un termo incorrecto! Esther Estévez Casado dinos que palabras podemos usar.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? X

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é 6 de abril de 1917. O 2 abril, o presidente Woodrow Wilson falou ante o Congreso. Cun profundo sentido do paso solemne e tráxico que estaba a tomar, dixo aos parlamentarios que debían considerar as accións alemás como unha declaración de guerra contra o goberno e o pobo de Estados Unidos. A neutralidade armada resultara ineficaz, pois era imposible de instrumentar para defender aos barcos contra os ataques de submarinos alemáns. "Non temos nada en contra do pobo alemán. Os nosos únicos sentimentos cara a eles son de simpatía e amizade", dixo Wilson. Pero, agregou, "o mundo debe ser un lugar seguro para que exista a democracia". Dous días máis tarde o Senado votou a favor da resolución de Wilson e outros dous días despois foi aprobado pola Cámara de Representantes. Foi así que o 6 de abril de 1917, o presidente asinou a súa declaración oficial. Estados Unidos entraba na Primeira Guerra Mundial.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. En que data entrou Xapón na Primeira Guerra Mundial?

- 14 de agosto de 1914

- 23 de agosto de 1914

- 25 de maio de 1915

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: elgrancapitan.org

#DígochoEu: Palabras nivel pro na cociña (capítulo 1)

 

Esther Estévez Casado está hoxe na cociña. Este é o primeiro dos tres capítulos nos que nos falará de varias palabras relacionadas con este ámbito. Aí van as de hoxe!

#DígochoEu