Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? II

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Comezou coa invasión de Polonia por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939. Ise día, Alemaña invadiu Polonia, usando o pretexto dun ataque polaco simulado nun posto fronteirizo alemán. A chaira polaca ofrecía unha vantaxe para o desprazamento dos blindados alemáns, aínda que os bosques e as estradas mal construídas eran problemas que facían máis arduo o avance. Alemaña avanzou usando a blitzkrieg (’guerra lóstrego’). O Reino Unido e Francia déronlle dous días a Alemaña para retirarse de Polonia. Unha vez que pasou a data límite, o 3 de setembro, o Reino Unido, Australia, e Nova Zelandia declaráronlle a guerra a Alemaña, seguidos rapidamente por Francia, Sudáfrica e Canadá.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. En que ano accedeu Hitler e o partido nacional-socialista ao poder?

- 1933

- 1936

- 1939

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *loncha

 

Sabedes como lle chamamos en galego á porción alongada e fina de alimento? Esther Estévez Casado resólvenos a dúbida.

#DígochoEu

#DígochoEu: Palabras nivel pro sobre peixe

 

Hoxe Esther Estévez Casado fálanos de peixes. Toma nota de todo porque hai unha chea de palabras!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL?

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL?

A guerra volve estúpido ao vencedor e rencoroso ao vencido”   Friedrich Nietzsche.

Comezo hoxe a serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo que a segunda guerra mundial fose o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.

Imos poner a proba os teus coñecementos sobre a mesma, recordando, no mellor dos casos, ou investigando sobre esta lamentable contenda.

Comezamos!

1. Como comezou a Segunda Guerra Mundial?

- A guerra máis destrutiva da historia comezou coa invasión da URSS por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939

- A Segunda Guerra Mundial comezou co pacto expansionista asinado por Xapón, Italia e Alemaña o 1 de setembro de 1939

- Comezou coa invasión de Polonia por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: Collage wikipedia.org


#DígochoEu: Non escribas *dalí

 

Dalí só é o pintor! ’De’ non sempre contrae na escrita!  Esther Estévez Casado resolvemos esta dúbida.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *purín

 

*Purín é unha palabra que cheira a castelanismo! Esther Estévez Casado dinos varias alternativas para dicilo correctamente en galego.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? XIV (FIN)

Remato coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é A Sociedade de Nacións. A SDN, tamén chamada Liga das Nacións fundouse en 1920 como resultado da Conferencia de Paz de París do ano anterior. O 15 de novembro dise ano celebrouse en Xinebra a primeira asemblea da sociedade, coa participación de 42 países. Propoñíase establecer as bases para a paz e a reorganización das relacións internacionais unha vez finalizada a Primeira Guerra Mundial.

Aínda que non logrou resolver os graves problemas que se plantexaron nos anos 20 e 30, é importante porque foi a primeira organización dese tipo da historia e o antecedente da ONU.

E así rematamo esta serie, da que quedan moitas preguntas por facer, pero que pretendeu facer unha primeira e pequeña aproximación a iste conflito bélico.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: wikipedia.org (Escudo da Sociedade das Nacións League of Nations Société des Nations)

CANTO SABES DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL? XIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Petrogrado. Hoxe coñecida como San Petersburgo, entón  Petrogrado (despois Leningrado) foi capital do Imperio ruso durante máis de douscentos anos, ata que en marzo de 1918 substituíuna Moscova.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. O armisticio foi asinado o 11 de novembro de 1918, rematara coa loita real da Primeira guerra mundial. Posteriormente e durante varios meses levaronse a cabo as negociacións na Conferencia de Paz de París para rematar o tratado de paz. Este chamouse o tratado de Versalles, pero en que data foi asinado?

- 28 de xuño de 1919

- 21 de outubro de 1919

- 10 de xaneiro de 1920

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  Imaxe: wikipedia.org