Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? VI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Enigma. A mellor máquina de encriptación da época, Enigma, foi un quebracabezas para os aliados ata que, grazas ao traballo de Alan Turing e o seu equipo de Bletchley Park, Gran Bretaña, conseguiron crear un sistema para descifrar as mensaxes dos nazis.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Estados Unidos entrou ba Segunda Guerra Mundial, o 8 de dicembro de…

- 1940

- 1941

- 1942

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: lavanguardia.com

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? V

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Consistía na acción coordinada de unidades de artillería, blindadas, aviación e comunicacións para debilitar rapidamente as defensas do inimigo. A táctica Blitzkrieg requiría da concentración de armas ofensivas (tales como tanques, avións e artillería) nunha fronte angosta. Estas forzas lograban abrir unha brecha nas defensas inimigas e permitían que as divisións de tanques armados penetrasen rapidamente e tivesen o paso libre detrás das liñas inimigas. Isto causaba conmoción e desorganización entre as devanditas defensas. O  poderío aéreo de Alemaña non lle permitía ao inimigo unha forma adecuada de reabastecerse ou de reorganizar as tropas e, polo tanto, de enviar reforzos para selar as brechas na fronte. As forzas alemás podían, á súa vez, rodear ás tropas inimigas e forzar a rendición.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Como se chama a máquina que utilizaban os alemáns para  encriptar as súas mensaxes e que os aliados non soubesen que dicían?

- Enigma

- Die Maschine (A Máquina en alemán)

- Unübersetzbar (intraducible en alemán)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org  

#DígochoEu: Non é o mesmo 'quixera' que 'quixese'

 

Cachades todo! Esta semana aprendemos algunha palabriña coa peli ’Batman contra Superman’ pero a algúns de vós soouvos rara unha frase... Esther Estévez Casado danos a explicación!  

#DígochoEu

#DígochoEu: Cinco palabras para dar o tempo na TVG

 

Hoxe Esther Estévez Casado practica para ser unha muller do tempo e de paso ensínanos varias palabriñas coa axuda da estrela invitada: Diego Viaño.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? IV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é 43. Deles, o atentado máis famoso e próximo a conseguir o seu obxectivo foi o cinematográfico intento do 20 de xullo de 1944, tamén coñecido como o Plan Valquiria (Plan “Walküre“), foi un intento de asasinar a Adolf Hitler, orquestrado por conspiradores civís e militares que desexaban derrocar ao réxime nazi e negociar o fin da Segunda Guerra Mundial coas potencias aliadas. Fallou cando a bomba accionada polo coronel do Estado Maior Claus von Stauffenberg explotou nun dos corredores da Gorida do Lobo (Wolfsschanze), pero Hitler resultou levemente ferido.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. En que consistía a "guerra lóstrego" ou blitzkrieg levada a cabo polos alemáns?

-Consistía na acción coordinada de unidades de artillería, blindadas, aviación e comunicacións para debilitar rapidamente as defensas do inimigo

-Consistía en atacar a obxectivos clave sempre coincidindo con tormentas e mal tempo para minguar máis facilmente as defensas do inimigo

-Consistía en usar armas químicas xunto con bombardeos continuos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: deftonesandres.wordpress.com

#DígochoEu: Imos á praia!

 

Con esta calor non hai quen pare! Por iso Esther Estévez Casado vai á praia e tráenos varias palabriñas coas que ás veces metemos a zoca!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? III

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é 1933. O ascenso de Adolf Hitler ao poder comezou en setembro de 1919 en Alemaña​ cando se uniu ao partido político coñecido como Deutsche Arbeiterpartei, DAP, o Partido Obreiro Alemán. En 1920 cambiou o seu nome a Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (NSDAP), Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán, comunmente denominado Partido Nazi. Este partido político formouse e desenvolveu durante a posguerra da Primeira Guerra Mundial, como partido antimarxista e oposto ao Tratado de Versalles e ao goberno democrático de posguerra da República de  Weimar. Defendía o nacionalismo extremo e o panxermanismo, así como o antisemitismo. Pode considerarse que o «ascenso» de Hitler rematou en marzo de 1933, despois de que o Reichstag adoptase a Lei de Concesión de Plenos Poderes de 1933, que daba virtualmente a Hitler a capacidade de exercer constitucionalmente a partir dese momento un poder ditatorial e sen obxeccións legais. O 30 de xaneiro de 1933 o presidente Paul von Hindenburg nomeara a Hitler chanceler.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Hitler sufriu moitos atentados (todos eles errados). Cantos exactamente?

- 23

- 32

- 43

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a pronunciar siglas en galego

 

Moito se fala ultimamente do código QR na hostalaría, pero, estalo pronunciando correctamente? Esther Estévez Casado ensínanos a pronunciar 5 siglas en galego.

#DígochoEu