CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? IV
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é 43. Deles, o atentado máis famoso e próximo a conseguir o seu obxectivo foi o cinematográfico intento do 20 de xullo de 1944, tamén coñecido como o Plan Valquiria (Plan “Walküre“), foi un intento de asasinar a Adolf Hitler, orquestrado por conspiradores civís e militares que desexaban derrocar ao réxime nazi e negociar o fin da Segunda Guerra Mundial coas potencias aliadas. Fallou cando a bomba accionada polo coronel do Estado Maior Claus von Stauffenberg explotou nun dos corredores da Gorida do Lobo (Wolfsschanze), pero Hitler resultou levemente ferido.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. En que consistía a "guerra lóstrego" ou blitzkrieg levada a cabo polos alemáns?
-Consistía na acción coordinada de unidades de artillería, blindadas, aviación e comunicacións para debilitar rapidamente as defensas do inimigo
-Consistía en atacar a obxectivos clave sempre coincidindo con tormentas e mal tempo para minguar máis facilmente as defensas do inimigo
-Consistía en usar armas químicas xunto con bombardeos continuos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: deftonesandres.wordpress.com
0 comentarios