CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? VI
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Enigma. A mellor máquina de encriptación da época, Enigma, foi un quebracabezas para os aliados ata que, grazas ao traballo de Alan Turing e o seu equipo de Bletchley Park, Gran Bretaña, conseguiron crear un sistema para descifrar as mensaxes dos nazis.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Estados Unidos entrou ba Segunda Guerra Mundial, o 8 de dicembro de…
- 1940
- 1941
- 1942
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: lavanguardia.com
0 comentarios