CANTO SABES DE GALICIA VII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Oestrinmios. O coñecemento dos elementos étnicos dos primeiros poboadores de Galicia é unha tarefa difícil pola escaseza de vestixios. Só coñecemos os textos antigos de autores gregos nos que identifican a estes habitantes como oestrymnios. No poema de Rufo Festo Avieno, ora maritima, alúdese aos "tola et arva Oestrymnios habitantibus", describindo a aqueles como homes fortes e valerosos, comerciantes e moi mariñeiros, que sucaban o mar en barcos de coiro. Os Oestrymnios habitaban na costa occidental galáico-portuguesa dende o período eneolítico. Son os “mouros” da tradición galega e cuxo nome aparece, aínda hoxe en día, vinculado a multitude de dolmens e mámoas da nosa xeografía. Podemos cualificalos como os primeiros galegos, xa que tiñan unha cultura distinta da dos iberos e demais pobos da península, e que era compartida por outros pobos atlánticos europeos.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. De todas as rutas do Camiño de Santiago, cal é a máis longa?
- Camiño Francés
- Camiño do Norte
- Vía da Prata
- Camiño de Inverno
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: es.aleteia.org
0 comentarios