#DígochoEu: 'Batman contra Superman' Cómic? Banda deseñada?
A película ’Batman contra Superman’ inspira este capítulo do #DígochoEu e dános pé para repasar con Esther Estévez Casado algunhas palabras curiosas.
A película ’Batman contra Superman’ inspira este capítulo do #DígochoEu e dános pé para repasar con Esther Estévez Casado algunhas palabras curiosas.
Como lle chamades a iso que ten Esther Estévez Casado aí detrás? Alpaca? Empaca? Hoxe acláranos os verdadeiros significados destas palabras!
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é As dúas anteriores. A participación de Italia na Segunda Guerra Mundial tivo dúas fases ben diferenciadas. Primeiro, a partir de xuño de 1940, baixo o mando do ditador Benito Mussolini, loitou á beira da Alemaña nazi de Adolf Hitler contra Francia, o Reino Unido e os demais aliados, Estados Unidos. De igual forma en 1940 Italia asinou o pacto tripartito ou mellor coñecido como o pacto eixo Berlín, Roma, Tokio xunto coa Alemaña nazi na que se adhería o Imperio do Xapón. Na segunda fase, a partir do derrocamento de Mussolini no verán de 1943, o rei Víctor Emmanuel III e o seu novo goberno asinaron un armisticio e aliñáronse cos aliados, mentres os alemáns facíanse co control de gran parte do país, onde crearon unha república monicreque presidida por Mussolini. Así, de 1943 a 1945 houbo tropas italianas en ambos os bandos do conflito, e ás veces loitan unhas contra outras no que veu ser unha guerra civil dentro da Segunda Guerra Mundial.
E imos coa pregunta de hoxe!

9. O Holocausto, o asasinato masivo e sistemático de poboación xudía con cantas vidas terminou?
- Entre 2.000.000 e 3.000.000 de persoas foron executadas no Holocausto
- Entre 5.900.000 e 7.100.000 persoas foron asasinadas vilmente
- Entre 15.00.000 e 18.000.000 persoas foron asasinadas no Holocausto
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é O 22 de xuño de 1941, exactamente o mesmo día en que Napoleón anunciara a súa intención de invadir Rusia en 1812. O nome da operación é unha homenaxe a Federico I Barbavermella cuxo nome está unido ao nacionalismo alemán do século XIX. Esta operación significou un duro golpe para as desprevidas forzas soviéticas, que sufriron fortes baixas e perderon grandes extensións de territorio en pouco tempo. Con todo, a chegada do inverno ruso acabou cos plans alemáns de terminar a invasión en 1941. Durante o inverno, o Exército Vermello contraatacou e anulou as esperanzas de Hitler de gañar a batalla de Moscova. A operación acabou o 5 de decembro de 1941 coa retirada do exército alemán.
E imos coa pregunta de hoxe!

8. A participación de Italia na Segunda Guerra Mundial, foi…
- Do lado da Alemania nazi de Adolf Hitler contra Francia, o Reino Unido e o resto de aliados.
- Do lado dos aliados.
- As dúas anteriores.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe Mussolini: okdiario.com
A palabra ’alomenos’ eliminouse en 2003, pero a historia non acabou aí... Esther Estévez Casado cóntanos que pasou con esta palabra!
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é 1941. Pouco antes das 8 da mañá do domingo 7 de decembro de 1941 a aviación xaponesa atacou por sorpresa por orde do comandante Yamamoto á frota americana que se atopaba no porto de Pearl Harbor, nas illas Hawai. Ao día seguinte, luns 8 de decembro, o Congreso dos Estados Unidos, cuxo presidente naquel momento era Franklin Delano Roosevelt, declarou a guerra a Xapón, co que Estados Unidos entraba de cheo na Segunda Guerra Mundial da man dos aliados. Como consecuencia, Alemaña declarou a guerra aos americanos o día 11.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cando comezou a operación Barbavermella (Unternehmen Barbarossa), o ataque das tropas de Hitler á URSS?
- O 22 de xuño de 1941, exactamente o mesmo día en que Napoleón anunciara a súa intención de invadir Rusia en 1812
- O 16 de xaneiro de 1941, en pleno inverno, o que decantou a balanza a favor da URSS
- O 4 de xullo de 1941, coincidindo co día da Independencia de Estados Unidos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe collage: wikipwdia.org
Esther Estévez Casado ensínanos a erradicar un dos castelanismos máis asentados en galego! Complementos directos sen preposición ’a’. Velaquí o segundo episodio.
#DígochoEu
Esther Estévez Casado ensínanos a erradicar un dos castelanismos máis asentados en galego! Complementos directos sen preposición ’a’. Primeira parte.
#DígochoEu