CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? IX
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é As dúas anteriores. A participación de Italia na Segunda Guerra Mundial tivo dúas fases ben diferenciadas. Primeiro, a partir de xuño de 1940, baixo o mando do ditador Benito Mussolini, loitou á beira da Alemaña nazi de Adolf Hitler contra Francia, o Reino Unido e os demais aliados, Estados Unidos. De igual forma en 1940 Italia asinou o pacto tripartito ou mellor coñecido como o pacto eixo Berlín, Roma, Tokio xunto coa Alemaña nazi na que se adhería o Imperio do Xapón. Na segunda fase, a partir do derrocamento de Mussolini no verán de 1943, o rei Víctor Emmanuel III e o seu novo goberno asinaron un armisticio e aliñáronse cos aliados, mentres os alemáns facíanse co control de gran parte do país, onde crearon unha república monicreque presidida por Mussolini. Así, de 1943 a 1945 houbo tropas italianas en ambos os bandos do conflito, e ás veces loitan unhas contra outras no que veu ser unha guerra civil dentro da Segunda Guerra Mundial.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. O Holocausto, o asasinato masivo e sistemático de poboación xudía con cantas vidas terminou?
- Entre 2.000.000 e 3.000.000 de persoas foron executadas no Holocausto
- Entre 5.900.000 e 7.100.000 persoas foron asasinadas vilmente
- Entre 15.00.000 e 18.000.000 persoas foron asasinadas no Holocausto
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org
0 comentarios