Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Aprende os dedos da man

 

Hoxe Esther Estévez Casado tráenos os nomes dos dedos da man! E moita atención porque algúns pódense chamar de varias formas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas os *vixiantes da praia

 

Se na TVG botasen esta serie, non se podería chamar ’Os vixiantes da praia’. Esther Estévez Casado explícanos o porqué!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Hiroshima. Escenario do primeiro bombardeo atómico da historia o luns 6 de agosto de 1945. O nome do bombardeiro B-29 no que se transportou a famosa bomba atómica, apodada Little Boy, era Enola Gai. Tres días despois, o xoves 9 de agosto, tivo lugar adetonación da bomba Fat Man sobre  Nagasaki.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cando se rendeu definitivamente Alemaña?

-O 8 de maio de 1945

-O 30 de abril de 1945

-Alemaña nunca asinou a rendición incondicional propiamente dita

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é O 6 de xuño de 1944. Este desembarco, co nome en clave Operación Overlord, foi unha batalla crave para a derrota final de Alemaña na Segunda Guerra Mundial. Un asalto aerotransportado levado a cabo por mil duascentas aeronaves precedeu ao desembarco anfibio, que involucrou a cinco mil barcos. O 6 de xuño, cento sesenta mil soldados cruzaron a canle da Mancha de Inglaterra a Francia e cara a finais de agosto as tropas aliadas en chan francés eran máis de tres millóns.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. En que cidade lanzouse primeiro a bomba atómica?

- Nagasaki

- Hiroshima

- Pearl Harbour

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas 'a man que *mece a *cuna'

 

Nin *mecer nin *cuna valen en galego! Son dous castelanismos. Esther Estévez Casado explícanos como os podes corrixir!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XI

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é A política das tres frontes. Esta posición estándar que tomou o goberno español durante a Segunda Guerra Mundial era pro-nazi na guerra que sostiña Alemaña coa URSS, estritamente neutral na guerra entre Alemaña e as potencias occidentais; e proaliada na guerra que sostiña Estados Unidos contra Xapón.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. O Desembarco en Normandía, coñecido historicamente como o día D, as tropas aliadas cruzan a Canle da Mancha desde Inglaterra e desembarcan nas costas da praia de Normandía en Francia, lugar que nese entón estaba baixo dominio alemán. Os aliados, que sumaban tropas do Reino Unido, Estados Unidos, e Canadá, querían liberar a Francia ocupada para logo seguir a súa conquista ata Alemaña. A que día nos estamos a referir?

- O 17 de decembro de 1944

- O 6 de xuño de 1944

- O 16 de abril de 1945

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *olvidar

 

Hoxe Esther Estévez Casado está nas verzas, pero non *olvida nada porque en galego non *olvidamos!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? X

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Entre 5.900.000 e 7.100.000 persoas foron asasinadas  vilmente. O Holocausto foi levado a cabo principalmente polas forzas alemás e os  colaboracionistas, alemáns e non alemáns. Ao principio da guerra, millóns de xudeus estaban concentrados en guetos urbanos. En 1941, os xudeus foron  masacrados, e en decembro, Hitler decidira exterminar a todos os xudeus que vivían en Europa nese momento. En xaneiro de 1942, durante a Conferencia de Wannsee, varios líderes nazis discutiron os detalles da «Solución final da cuestión xudía» (Endlösung der Judenfrage) e o Secretario de Estado alemán,  Josef  Bühler, instou o presidente da conferencia,  Reinhard Heydrich, a proceder coa Solución final no Goberno Xeral. As poboacións xudías foron  deportadas sistematicamente dos guetos e os territorios ocupados aos sete campos designados como Vernichtungslager (campos de exterminio): Auschwitz-Birkenau, Belzec, Chelmno, Majdanek, Maly Trostenets, Sobibór e Treblinka.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Que posición política tomou España na segunda Guerra Mundial?

- Absoluta neutralidade

- Política dos tres frentes

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: elespañol.com