#DígochoEu: Non digas *non cho perdas
Esther Estévez Casado explica que en galego non dicimos nin ’non cho perdas’ nin ’non mo perdo’ nin nada parecido!
Esther Estévez Casado explica que en galego non dicimos nin ’non cho perdas’ nin ’non mo perdo’ nin nada parecido!
Se ’testa’ é galego e ’ferro’ tamén, por que *testaferro é incorrecto? E como se diría entón? Esther Estévez Casado explícanolo!
Cantabamos ou cantábamos? As dúas son variedades dialectais, pero no #DígochoEu sempre falamos do galego normativo, así que Esther Estévez Casado cóntanos cal das dúas formas se escolleu como estándar!
Lume e fogo son palabras correctísimas do galego, pero non significan o mesmo. Coñeces a diferenza? Esther Estévez Casado explícanola!
Remato coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte, e última, é Rudolf Hess.

Rudolf Walter Richard Hess, (Alexandría, 26 de abril de 1894-Spandau, 17 de agosto de 1987). Nomeado lugartenente (Stellvertreter deas Führer), segundo na xerarquia do partido, por Adolf Hitler en 1933, ocupou ese cargo ata 1941, cando voou en solitario a Escocia nun intento de negociar a paz co Reino Unido durante a Segunda Guerra Mundial. Feito prisioneiro, finalmente condenado por crimes contra a paz. Cumpriu cadea perpetua na prisión de Spandau. Mentres aínda estaba detido nesa prisión, aforcouse en 1987 á idade de 93 anos. Despois da súa morte, o cárcere foi demolida para evitar que se convertese nun santuario neonazi.
Seguramente quedan moitas máis preguntas, pero serán motivo doutra serie. Ata a próxima!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: lavanguardia.com
Esther Estévez Casado ensínanos que en galego temos dedos... e dedas! E a maiores, este capítulo ten escondido un trazo dialectal de varias zonas de Galicia, sabedes cal?
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é Na Conferencia de Yalta. Ás veces chamada Conferencia de Crimea ou co nome en clave de Conferencia dos Argonautas, foi o encontro en tempo de guerra entre o 4 e o 11 de febreiro de 1945 mantido polos xefes de goberno dos Estados Unidos de América, o Reino Unido, e a Unión Soviética: Franklin D. Roosevelt, Winston Churchill, e Iosif Stalin, respectivamente. Nela houbo un acordo de que a prioridade debería ser a rendición incondicional da Alemaña nazi. Trala guerra, Alemaña debería ser dividida en catro zonas de ocupación, así como unha ocupación cuadripartita de Berlín.
E imos coa última pregunta desta serie!

15. Os Xuízos ou Procesos de Núremberg é o nome que recibiron os xuízos levados a cabo polos aliados contra algunhas das principais figuras do réxime nazi, trala fin da Segunda Guerra Mundial. Realizáronse entre o 20 de novembro de 1945 e o 1 de outubro de 1946 na cidade alemá de Nuremberg. De 4.850 peticións de procesamentos individuais, foron acusadas 611 persoas. As condenas foron en moitos casos de morte, prisión perpetua, varios anos de cárcere e absolución. Os condenados a cadea perpetua cumpriron a súa pena na Prisión de Spandau, ata a morte do último deles, en 1987. Como se chamaba iste preso?
- Franz von Papen
- Erich Raeder
- Rudolf Hess
Mañá a solución!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é O 8 de maio de 1945. Ese día tivo lugar a rendición incondicional alemá, poucos días despois da morte de Adolf Hitler o 30 de abril de 1945. Ás 02:41 da mañá do 7 de maio de 1945, nos cuarteis do Cuartel Xeral Supremo da Forza Expedicionaria Aliada (SHAEF) en Reims, Francia, o xefe do Estado Maior do Alto Mando das Forzas Armadas alemás (Oberkommando der Wehrmacht, OKW), o xeneral Alfred Jodl, asinou a acta de rendición incondicional para todas as forzas alemás ante os Aliados. Esta incluía a frase «todas as forzas baixo o mando alemán cesarán as operacións activas ás 23:01 horas, hora de Europa Central, o 8 de maio de 1945». Tales palabras non facían diferenciación entre as forzas da Wehrmacht que loitaban contra os Aliados Occidentais ou contra os soviéticos, polo cal inferíase tacitamente que poñía fin a toda resistencia alemá dondequiera que a houbese.
E imos coa pregunta de hoxe!

14. En que famosa reunión decidiuse a división de Alemaña entre os aliados?
- Na Conferencia de Yalta
- Na Conferencia de Nuremberg
- Na Conferencia de París
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org