Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL? XIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a Segunda Guerra Mundial, o conflito conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade, que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. A contestación á pregunta de onte é O 8 de maio de 1945. Ese día tivo lugar a rendición incondicional alemá, poucos días despois da morte de Adolf Hitler o 30 de abril de 1945. Ás 02:41 da mañá do 7 de maio de 1945, nos cuarteis do Cuartel Xeral Supremo da Forza Expedicionaria Aliada (SHAEF) en  Reims, Francia, o xefe do Estado Maior do Alto Mando das Forzas Armadas alemás (Oberkommando der Wehrmacht, OKW), o xeneral Alfred Jodl, asinou a acta de rendición incondicional para todas as forzas alemás ante os Aliados. Esta incluía a frase «todas as forzas baixo o mando alemán cesarán as operacións activas ás 23:01 horas, hora de Europa Central, o 8 de maio de 1945». Tales palabras non facían diferenciación entre as forzas da Wehrmacht que loitaban contra os Aliados Occidentais ou contra os soviéticos, polo cal inferíase tacitamente que poñía fin a toda resistencia alemá  dondequiera que a houbese.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. En que famosa reunión decidiuse a división de Alemaña entre os aliados?

- Na Conferencia de Yalta

- Na Conferencia de Nuremberg

- Na Conferencia de París

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org

0 comentarios