DEINOSUCHUS, O MONSTRUOSO CROCODILO QUE CAZABA DINOSAUROS
Exemplar de D. hatcheri, unha das tres especies nomeadas diste ceocodilo / Daderot
A finais do Cretácico existiu un mar interior na actual América do Norte. Un lugar no que os dinosauros que se achegaban á beira corrían un enorme risco. Un terror indescritible axexaba nas profundidades, esperando o seu momento para atacar: o seu nome é Deinosuchus, o crocodilo do terror, unha criatura que foi o maior carnívoro daquela contorna semi-acuático. Os seus dentes, do tamaño de plátanos, podían cravarse nos dinosauros máis incautos e provocar danos masivos. O seu corpo, similar ao dun aligator actual, alcanzaba os 10 metros de longo.
Os fósiles do xénero Deinosuchus foron estudados desde 1850. Pero unha nova investigación, publicada en Vertebrate Paleontology e levada a cabo por científicos da universidade de Iowa, Estados Unidos, reeavaliou agora moitas das evidencias. Grazas a iso, concluíron que existen tres especies deste grupo e non dúas, como se pensaba antes. Trátase de D. riograndensis, D. hatcheri e unha nova, D. schwimmeri.
"Deinosuchus foi un xigante que debeu aterrorizar aos dinosauros que se achegaban ao bordo da auga para vivir", dixo o director do estudo e investigador no Instituto Tecnolóxico de Nova York (Estados Unidos), para Sciencealert.com. "Ata o de agora, o tamaño completo desta criatura era descoñecido. Pero cos especímenes que examinamos, revelamos a existencia dun estraño e monstruoso depredador, con dentes do tamaño de plátanos".
Segundo iste investigador, as tres especies de Deinosuchus xurdiron despois de que un proceso xeolóxico dividise o mar interior de América do Norte pola metade, inaugurando tres ambientes diferentes nos que co tempo desenvolvéronse as tres especies.
Fósiles do cranio de Deinosuchus schwimmeri / Cossette&Brochu, Journal of Vertebrate Paleontology, 2020)
Para o coautor do traballo, a existencia destas tres especies mostra que "os crocodilos non son "fósiles viventes" que non cambiaron desde a época dos dinosauros, senón que evolucionaron tan dinámicamente como calquera outro grupo".
Os investigadores concluíron que D. riograndensis e D. hatcheri viviron ao oeste de América do Norte, entre Montana e a parte norte de México, mentres que D. schwimmeri viviu na costa atlántica, entre New Xersei e Mississippi.
Os fósiles mostran que foron os reis do seu tempo.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios