Blogia
vgomez

XATCOBEO: NANOSATÉLITE GALEGO

XATCOBEO: NANOSATÉLITE GALEGO

Recreación en 3D do aspecto do Xatcobeo, o primeiro satélite galego / Imaxe:anosaterra.org

 

Xatcobeo, o primeiro nanosatélite universitario español levado a cabo por cinco grupos de investigación da Universidade de Vigo, nos que máis de 60 investigadores e alumnos de Telecomunicacións, Industriais e de Enxenería Informática, en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) iniciará a súa viaxe entre o 17 e o 21 de xaneiro de 2012, dende a nova plataforma de lanzamento europea VEGA, na Güiana Francesa. Xatcobeo estará en órbita un mínimo de tres meses a unha altura de entre 300 e 1.450 quilómetros de altitude. O pequeño satélite de apenas un quilogramo de peso e un volume de 10 centrímetros cúbicos foi ideado hai máis de tres anos con obxectivos educacionais, pero o seu desenvolvemento e inminente lanzamento terá tamén aplicacións prácticas. Permitirá probar unha radio-software para mellorar as comunicacións coa Terra durante o voo, medir a radiación dos aneis Van Allen e os seus efectos sobre a electrónica embarcada e validar un novo mecanismo de despregue dos paneis solares que leva acoplados para incrementar a potencia dos picosatélites destinados á investigación.

O proxecto atópase na súa última fase e esta mesma semana o dispositivo será enviado á sede en Holanda da Axencia Espacial Europea (ESA) para completar o seu proceso de integración antes do traslado definitivo a Sudamérica en novembro. Xatcobeo embarcará no voo inaugural de VEGA, no que viaxarán un satélite principal e varios microsatélites en dispensadores illados para garantir que cualquera fallo nestas cargas secundarias non prexudiquen o éxito global da misión.

Cun presuposto de 1,2 millóns de euros, o nanosatélite galego é o primeiro dunha universidade europea que se constrúe cumprindo os estándares da ESA e será probado nunha órbita nova para satélites miniaturizados a través dos aneis Van Allen, cuxa elevada radiación supuxo todo un reto técnico para os investigadores e obligou a construírlle unha coraza –que representa case o 30% da súa masa– para garantir unha duración mínima da súa electrónica de tres meses, aínda que a súa vida útil podería alongarse ata un ano. O seguimento dos datos obtidos realizarase dende Vigo e concluída a viaxe, o inxenio non se convertirá en lixo espacial porque ao entrar de novo na atmosfera desintegrarase con facilidade.

FONTE: Xornal Faro de Vigo.

0 comentarios