Blogia
vgomez

CANTO SABES DE POLONIA? VI

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é República. Polonia é unha República Parlamentaria. A finais dos anos 1.980 un movemento de oposición ao goberno, encabezado polo sindicato obreiro Solidarność logrou poñer en xaque o réxime comunista, apoiado polas potencias occidentais e a Igrexa católica, que logrou influír no proceso, a través dos seus líderes, para afianzar a restauración das liberdades democráticas, así como o capitalismo e o libre mercado como bases do sistema económico (xa iniciada a través de reformas liberalizadoras pola anterior administración) baixo un réxime multipartidista electoral parlamentario. Isto deu lugar ao moderno Estado polaco, que cambiou o seu nome oficial para República de Polonia. Polonia ingresou na Unión Europea en 2004. Polonia ten un presidente como xefe de Estado. O presidente é elixido por sufraxio universal directo cada cinco anos. A estrutura do goberno céntrase no Consello de Ministros, dirixido polo primeiro ministro. O presidente designa ao Consello de Ministros e ao primeiro ministro. Pola repartición do poder executivo entre o presidente e o primeiro ministro, considérase Polonia como un réxime semipresidencial. Os votantes polacos elixen un parlamento bicameral dun Sejm, a cámara baixa, de 460 «deputados» e un Senat, a cámara alta, de 100 senadores.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Polonia é un Estado unitario con subdivisión ou rexións administrativas denominadas voivodatos. Pero cantas hai?

- 8

- 16

- 24

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes:es.wikipedia.org e bigkarta.ru/es

0 comentarios