Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XXI

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Asociación simbiótica dun fungo e unha alga ou unha cianobacteria. Os liques son unha simbiose: un organismo formado por un fungo (o micobionte) e unha alga ou cianobacteria (o fotobionte).Esta asociación  simbiótica é de carácter excepcional na natureza, distínguese porque os seus compoñentes poden recoñecerse mutuamente e interactuar na biosíntesis de substancias exclusivas á simbiose. A vantaxe para o fungo é que recibe os produtos  fotosintéticos finais do alga (glúcidos simples). A vantaxe para o alga podería ser o abastecemento da auga e o CO2 da respiración do fungo.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. O que ves na fotográfía é unha piña dun piñero. Pero en realidade que é?

- Unha flor

- Un froito

- Un estróbilo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: imnovation-hub.com/es

0 comentarios