Blogia
vgomez

CANTO SABES DE HISTORIA XIII

Imagen

Guerras Púnicas / Imaxe: puntadelanza.net

A resposta á pregunta do día anterior é 1914-1918. A Primeira Guerra Mundial, tamén coñecida como a Gran Guerra, foi unha confrontación bélica, ocorrida principalmente en Europa, que empezou o 28 de xullo de 1914 e finalizou o 11 de novembro de 1918, cando Alemaña aceptou as condicións do armisticio. Tras seis meses de negociacións na Conferencia de Paz de París, o 28 de xuño de 1919 os países aliados asinaron o Tratado de Versalles con Alemaña, e outros ao longo do seguinte ano con cada unha das potencias derrotadas. Máis de nove millóns de combatentes e sete millóns de civís perderon a vida, unha cifra extraordinariamente elevada, dada a sofisticación tecnolóxica e industrial dos belixerantes. Está considerado o quinto conflito máis mortífero da historia da Humanidade.

E imos coa pregunta de hoxe...

13.  Coñécese co nome das guerras púnicas ao conxunto de conflitos armados que enfrontaron entre os anos 264 a. C. e 146 a. C. ás dúas principais potencias do Mediterráneo occidental da época. Que número de conflitos armados foron? Cales foron esas dúas potencias enfrontadas?

-  2. Roma e Grecia

-  4. Roma e Hispania

-  5. Roma e Exipto

-  3. Roma e Cartago

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com

0 comentarios