RECOPILATORIO DO ANO: MELLORES FOTOGRAFÍAS CIENTÍFICAS
Fotografía: Primeiro plano dunha Taenia solium, máis coñecida como lombriga solitaria, un platihelminto que habita no intestino delgado dos seres humanos.
Autora: Teresa Zgoda do Rochester Institute of Technology de Nova York, Estados Unidos.
4º Premio do concurso de fotografía Small World de Nikon 2017.
A ciencia defínese como o conxunto de coñecementos obtidos mediante a observación e o razoamento, sistematicamente estruturados e dos que se deducen principios e leis xerais con capacidade predictiva e comprobables experimentalmente.
Precisamente, esta observación sistemática é tamén creadora de arte e inmortaliza as máis singulares imaxes do noso día a día, sen apenas darnos conta. A mirada da ciencia é moito máis apaixonante do que se cre, e converteuse nunha forma máis de poder observar o mundo, aínda que de forma diferente a como o coñecemos.
A ciencia pode captar imaxes con diferenza da mirada do ser humano. A continuación, deixoche os planos máis rechamantes da ciencia e o mundo natural recompilados brevemente nas mellores fotografías científicas, segundo a revista Nature.Para velos preme AQUÍ.
Que non se che escape ningún detalle!
FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia
0 comentarios