Blogia
vgomez

QUE PODEMOS APRENDER DOS NENOS?

Que os nenos sexan máis baixiños non significa que sexan inferiores a nós e que non sexan dignos de ser tratados con amor e con respecto”, sostén con abafadora claridade a psicóloga Milena González. Coñecida en redes sociais como Unha mamá psicóloga, a divulgadora combina con habilidade a tenrura maternal coa rigorosidade científica.

Licenciada en Psicoloxía na Universidade de Manizales, González obtivo o Máster en Intelixencia Emocional pola Universidade de Valencia e é especialista en trauma, apego, sistemas familiares e psicoterapia infantil e xuvenil pola Sociedade Española de Medicina Psicosomática e Psicoterapia. Leva case dúas décadas traballando con pequenos, adolescentes e familias en España e en Latinoamérica. Ademais, é autora das obras Guía familiar para abordar o duelo na infancia e do recoñecido libro Crianza Asertiva, no que aborda as claves para construír un apego seguro e ofrece pautas para coidar a saúde mental infantil e adolescente.

Vivimos nunha sociedade adultocéntrica”, lembra a psicoterapeuta, que convida a pais e nais a reflexionar sobre o seu papel na crianza. E conclúe: “Temos que asegurarnos de conquistar en nós mesmos todo aquilo que queremos que os nosos fillos aprendan”.

0 comentarios