QUE NOS APORTA ESTAR XUNTOS?
Como os seus homólogos da antiga Grecia, David Pastor Vico é un filósofo totalmente inmerso na sociedade do seu tempo. Cambiou a túnica polo look metaleiro e preocúpanlle cuestións como as redes sociais, a perda de confianza interpersoal ou o individualismo. Actualmente é profesor na Universidade Nacional Autónoma de México. Provocador, didáctico e divertido, este sevillano propúxose “desposuír á filosofía do rostro erudito e elevado”. E conségueo. No país azteca, onde reside hai máis dun lustro, é o ídolo Vico. Fenómeno mediático, que abarrota pavillóns grazas á súa maneira sinxela de expoñer a filosofía.
En ‘Filosofía para desconfiados’, o seu último libro, utiliza o humor satírico e a cotidianidadr para analizar a sociedade e fomentar o pensamento crítico. “Coñeces o nome dos fillos dos teus veciños?”, pregunta. E advirte: “A desconfianza é o trazo principal dunha sociedade profundamente individualista”.
A soidade, a felicidade, a falta de xogo nos nenos ou as novas tecnoloxías son, para Vico, asuntos sobre os que reflexionar. “Nos nenos, o xogo permite a consecución de habilidades sociais e delegamos a educación á tecnoloxía. Antes socializábamos nun parque e iso xa non sucede”, asegura. E reclama aos clásicos sen ornamentos: “Aristóteles diranos que non hai posibilidade de felicidade sen amigos”.
Este amante da sabedoría, propón a necesidade dun cambio: “cara a unha ética baseada na confianza entre as persoas, a responsabilidade e a concepción do animal humano como un todo coa sociedade e non como individuo solitario, egoísta e facilmente manipulable”. As súas observacións combinan a clarividencia do erudito e a contundencia do metal.
0 comentarios