CINE: HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE (I)
Hoxe estréase nos cines Harry Potter e as Reliquias da Morte, Parte I , que é a penúltima película da saga de Harry Potter.
Esta adaptación cinematográfica do séptimo e último libro de la saga foi dividida en dúas partes, ao parecer, para evitar a eliminación de aspectos importantes da trama, así que continuará en Harry Potter e as Reliquias da Morte, Parte II. Este séptimo libro trata do mozo Harry Potter e a súa busca e destrución dos restantes Horcrux (partes da alma de lord Voldemort) para acabar dunha vez co mago escuro. A primera parte remata ao redor do capítulo 24, con Voldemort apoderándose da Variña de Saúco, unha das tres Reliquias da Morte que lle permiten ao portador conquistar a morte.
Esta é a súa ficha:
Título: Harry Potter e as reliquias da Morte: 1ª Parte
Título orixinal: Harry Potter and the Deathly Hallows: Part I
País: Reino Unido
Productora: Warner Bros. Pictures
Director: David Yates
Guión: Steve Kloves
Reparto: Daniel Radcliffe, Rupert Grint, Emma Watson, Ralph Fiennes, Bill Nighy, John Hurt, Rhys Ifans, Helena Bonham Carter, Robbie Coltrane, Imelda Staunton, Jason Isaacs, Miranda Richardson, Warwick Davis, Alan Rickman, Maggie Smith, Brendan Gleeson, Ciaran Hinds, Timothy Spall, David Thewlis, Julie Walters, Tom Felton, Bonnie Wright, Jamie Campbell Bower, Richard Griffiths, Matthew Lewis, Evanna Lynch, Fiona Shaw, Helen McCrory, David O’Hara, Natalia Tena.
Arriba tedes o trailer da película. Que disfrutedes!
0 comentarios