ESTUDO DO ASTEROIDE ITOKAWA

A Axencia de Exploración Aeroespacial de Xapón (JAXA) enviou a cápsula Hayabusa (Falcón peregrino) ao espazo en maio de 2003 para recoller mostras do asteroide Itokawa, que orbita á Terra, e no que se posou en novembre de 2005, antes de comenzar en 2007 a súa longa viaxe de regreso. No pasado xuño chegou á Terra, despois de 7 anos.
O goberno nipón explicou que as análises determinaron que gran parte das 1.500 partículas atopadas no interior de Hayabusa pertenecen ao asteroide Itokawa.

A JAXA ten previsto realizar próximamente outras análises das partículas do Itokawa, dun diámetro de 0,001 milímetros, en cooperación con varios científicos para investigar a orixe do Sistema Solar.
FONTE: El Mundo.
0 comentarios