Blogia
vgomez

UN LIBRO PARA LER: "O HOME INQUEDO"

 

Seguindo co meu tempo de lectura de xubilado, collín da estantería iste lubro: "El hombre inquieto" (O home inquedo), de Henning Mankell (Estocolmo-Suecia, 1948-2015), publicado por Tusquets Editores, S.A. en Barcelona, no ano 2009.

Trátase dunha novela policial, protagonizada polo inspector Kurt Wallan, que investiga a desaparición do seu consogro, Hakan von Enke, antiguo comandante de submarinos na armada sueca.

Na novela fúndense situación da vida persoal e familiar, a política da época e a investigación propiamente dita. Pasa de ser una novela policial a unha novela de espías.

Intriga, con momentos algo lentos na narración e cun final sorprendente, fan que sexa unha novela moi recomendable.

0 comentarios