Blogia
vgomez

MANTER OU NON OS HORARIOS DE INVERNO E VERÁN?

Cambio de hora 2017, horario de verano, adelantar el reloj, adelantar la hora

Cambios de horarios / Imaxe: computerhoy.com

Todo o mundo ten unha opinión con respecto ao polémico cambio de hora de verán e a Comisión Europea (CE) quere coñecer agora a postura dos cidadáns. Por iso lanzou o pasado xoves 5 de xullo unha consulta pública sobre manter ou non esta práctica á que nos enfrontamos cada marzo e outubro. A votación durará ata o 16 de agosto e, despois desa data, a CE estudará o resultado para exporse unha posible modificación desta normativa. A pesar de non ser vinculante, a enquisa  online foi tan exitosa que a web que a aloxa colapsouse ás poucas horas de activarse.

"Tras as peticións dun número de cidadáns, do Parlamento Europeo, e de certos estados membro, a Comisión decidiu investigar o funcionamento do actual cambio horario de verán para avaliar se debería ou non ser modificado", apunta a web do Goberno comunitario.
 
Se deixa de aplicarse o cambio de horario de verán, quedariamos coa hora que temos tras o cambio de horario de outubro. É dicir, non teriamos que adiantar unha hora os reloxos en marzo; os días non serían tan longos nos meses de verán, nin amencería tan tarde. Aínda que, ao saír do traballo, teriamos menos horas de luz estival e, por tanto, menos tempo de lecer diúrno.

As opcións que expón a consulta son: seguir igual a como estamos ou non facer cambio horario

O cuestionario  online está dispoñible en todas as linguas oficiais da UE (salvo o irlandés) e as respostas poden enviarse en calquera lingua da UE. Se queres dar a túa opinión preme AQUÍ.

FONTE: Hector LLanos Martínez/Verne/elpais.com

0 comentarios